Mostrando entradas con la etiqueta Escuela de Ballas Artes de San Fernando. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escuela de Ballas Artes de San Fernando. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de diciembre de 2024

A inxustiza e sempre recompensada...en España


A rúa López Mora ten, sinalando o seu comezo, unha das máis fermosas placas do rueiro da cidade. A placa, de cerámica policromada ten unha orla central na que se sitúa un baixorrelevo que representa a unha campesiña sementando, unha parella de vacas  e unhas casas ao fondo. Sobre este motivo sitúase o escudo de Vigo, e en cada un dos seus laterais aparecen ramas de carballo, cargadas de follas e landras.


A rúa foi ata 1920 una parte da estrada a Baiona, e recibiu nesa data ese nome para honrar a don Álvaro López Mora, avogado y político, que viviu nesa rúa na casa chamada “Vila Manuela”. López Mora, que nacera en 1853 en Santiago de Compostela foi deputado por Padrón, por Xinzo de Limia e por Huelva. Foi senador pola provincia da Coruña pola de Cáceres e senador vitalicio do1911 ao 1914. Foi director xeral do Contencioso (1898), de Administración local (1905) e de Comunicacións (1907) e tamén Subsecretario de Xustiza (1909). Don Álvaro estaba casado con Manuela Gasset Chinchilla, foi tamén copropietario e periodista do periódico El Imparcial, que dirixía o seu cuñado Rafael Gasset Chinchilla, e redactou unha obra chamada Crónica de Vigo.


Por tales —discutibles— méritos o concello de Vigo mantén a súa memoria no rueiro da cidade.

A referida placa, catalogada —menos mal— como ben cultural do Concello de Vigo, é obra do artista Alejandro Curty Pena[1]. Curty, nado en Vigo o 17 de maio de 1876 e finado igualmente en Vigo o 15 de abril de 1944, exerceu a docencia na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, onde ocupou a cátedra de Modelado e Debuxo.

Estudou na Escola de Belas Artes de 1ª clase de Sevilla, con premio en todas as materias, e tamén foi premiado en Madrid na Escola de Belas Artes de San Fernando e nas escolas centrais de Artes e Oficios de Madrid, neste último caso en Cerámica. Acadou unha pensión para viaxar a Roma concedida polo concello de Vigo


Ademais desta Alejandro Curty realizou outras dúas placas de gran calidade artística, como a que inicia a rúa Sanjurjo Badía, ou a que está no comezo da rúa Vitoria preto da porta da Gamboa, realizada para celebrar o primeiro centenario da reconquista de Vigo.

Por tales —indiscutibles— méritos o concello de Vigo non ten ningunha rúa que motive a pregunta dos seus —poucos— cidadáns polos méritos que fixo en vida tal personaxe.



[1] Mercedes Bangueses, historiadora do arte e membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses, atribúe nunha recente investigación a obra ao escultor Mariano Benlliure. Como a pretensión deste pequeno artigo é máis literaria que histórica decidín manter a atribución orixinal por razóns exclusivamente afectivas.

Á procura do inalcanzable

Escoitando hoxe o CD de Caroline Herring " The Golden Apples of the Sun " veume ás mentes o libro de contos de Ray Bradbury, ...