Van alá uns poucos anos unha amiga nos fixo un agasallo ao que lle teño unha especial estima. É un dobre CD do inesquecible Suso Vaamonde, con 24 dos seus mellores temas masterizados por Fernando Campos, que editara no ano 2000 Producións Trebón.
Este dobre CD ten para min moitas cousas dun valor extraordinario, pero
hoxe quero salientar soamente unha delas: ao autor da súa capa, o pintor Xosé
Guillermo, amigo da infancia, compañeiro de estudos nos Xesuítas, camarada na cuadrilla
da adolescencia e cómplice de soños de mocidade.
A vida levounos por camiños diferentes. Xosé Guillermo escolleu a vida
difícil do artista mentres eu, menos seguro das miñas habelencias artísticas ou
con máis gana de saír dás penurias nas que estaba, me deixaba levar por un
camiño mais doado. Alá quedou un proxecto de libro de relatos meus ilustrados
por el. Que a terra che sexa leve, meu!