viernes, 3 de enero de 2025

Á procura do inalcanzable



Escoitando hoxe o CD de Caroline Herring "The Golden Apples of the Sun" veume ás mentes o libro de contos de Ray Bradbury, "As douradas mazás do sol" que tanto influíu na nosa mocidade (mercámolo en 1968).

Como ben sabedes tanto o CD como o libro toman o seu nome dun verso do poema "A canción do vagabundo Ængus" ("The Song of Wandering Aengus") do poeta irlandés William Butler Yeats.


The silver apples of the moon,

The golden apples of the sun.

Os versos evocan, tanto no poema de Yeats como nos contos de Bradbury, a procura do inalcanzable. No poema de Yeats, o protagonista, Ængus, persegue a unha doncela que se transforma nunha mazá. Esta procura de Ængus representa o seu anhelo dun amor que transcende á realidade, dunha beleza ideal insensible ao paso do tempo, mentres as mazás simbolizan o inaccesible, o máxico.

Os vinte dous contos do libro de Bradbury, exploran a través da ciencia ficción, a fantasía, o terror e a nostalxia, a materia dos soños e das aspiracións humanas; a procura constante de algo máis alá do ordinario. Do mesmo xeito que no poema de Yeats, as "mazás douradas do sol" do libro de Bradbury simbolizan o desexado, o marabilloso e o que se atopa fóra do noso alcance.



Á procura do inalcanzable

Escoitando hoxe o CD de Caroline Herring " The Golden Apples of the Sun " veume ás mentes o libro de contos de Ray Bradbury, ...