Na exposición do 110 aniversario de ANFACO-CECOPESCA da Casa das Artes de
Vigo, na sala da “Sardiñocracia” atopo con sorpresa a figura de Alejandro Viana,
un vigués de Ponteareas, que foi segundo tenente de alcalde de Vigo coa ditadura
de Primo de Rivera, entre os anos 1924 e
e 1927, e candidato de Acción Republicana nas eleccións xerais de 1933.
Conserveiro e comerciante, ademais de político, o golpe de Estado de xullo de
1936 sorprendeuno en Madrid o que probablemente salvoulle vida. Coa derrota da legalidade republicana marchou
ao exilio en París, onde traballou para o Servizo de Evacuación de Refuxiados
Españois (SERE). En 1941 marchou a Bordeos, de onde, avisado de que a Gestapo
quería capturalo, marchou a Suíza e de alí a Toulon, onde embarca para
Arxentina no mesmo barco que Niceto Alcalá Zamora. O barco foi bombardeado en
Dakar, onde tivo que desembarcar porque lle caducaba o visado. De alí foi
enviado a Casablanca e internado un mes nun campo de concentración. Despois de
numerosas xestións, conseguiu chegar a México onde rexentou unha farmacia e
conseguiu a distribución de penicilina para todo México.Un blogue de intereses varios que abranguen a antropoloxía, arqueoloxía, arquitectura, economía, ética, política, paleontoloxía, ata a música, tratados todos eles sen o máis mínimo rigor científico. Para os afeccionados á electricidade teño outro blogue especializado que leva por nome “O fogar de Tesla”
sábado, 16 de septiembre de 2017
De Alejandro Viana Esperón
Na exposición do 110 aniversario de ANFACO-CECOPESCA da Casa das Artes de
Vigo, na sala da “Sardiñocracia” atopo con sorpresa a figura de Alejandro Viana,
un vigués de Ponteareas, que foi segundo tenente de alcalde de Vigo coa ditadura
de Primo de Rivera, entre os anos 1924 e
e 1927, e candidato de Acción Republicana nas eleccións xerais de 1933.
Conserveiro e comerciante, ademais de político, o golpe de Estado de xullo de
1936 sorprendeuno en Madrid o que probablemente salvoulle vida. Coa derrota da legalidade republicana marchou
ao exilio en París, onde traballou para o Servizo de Evacuación de Refuxiados
Españois (SERE). En 1941 marchou a Bordeos, de onde, avisado de que a Gestapo
quería capturalo, marchou a Suíza e de alí a Toulon, onde embarca para
Arxentina no mesmo barco que Niceto Alcalá Zamora. O barco foi bombardeado en
Dakar, onde tivo que desembarcar porque lle caducaba o visado. De alí foi
enviado a Casablanca e internado un mes nun campo de concentración. Despois de
numerosas xestións, conseguiu chegar a México onde rexentou unha farmacia e
conseguiu a distribución de penicilina para todo México.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Á procura do inalcanzable
Escoitando hoxe o CD de Caroline Herring " The Golden Apples of the Sun " veume ás mentes o libro de contos de Ray Bradbury, ...
-
A rúa López Mora ten, sinalando o seu comezo, unha das máis fermosas placas do rueiro da cidade. A placa, de cerámica policromada ten unha o...
-
Escoitando hoxe o CD de Caroline Herring " The Golden Apples of the Sun " veume ás mentes o libro de contos de Ray Bradbury, ...
-
Van alá uns poucos anos unha amiga nos fixo un agasallo ao que lle teño unha especial estima. É un dobre CD do inesquecible Suso Vaamonde, c...
No hay comentarios:
Publicar un comentario