No libro de Joseph Conrad Heart of
Darkness, (que cada un traduce ao galego como lle peta, negror, escuridade,
tebras,…) un mariño de nome Charlie Marlow conta a súa viaxe polo río Congo
na procura dun tal Kurtz, o xefe dunha explotación de almafí dunha compañía
belga. Pero Kurtz, na súa loita por adaptarse as condicións de violencia
extrema que a explotación dos indíxenas impón, tense transformado nun personaxe
dunha crueldade bestial ao que os nativos idolatran coma se fose un deus. Marlow
e os seus compañeiros de viaxe logran levar a
Kurtz, gravemente enfermo, ao pequeno barco de vapor, pero este morre no
traxecto, pronunciando súas últimas palabras: “O horror! O horror!”.
O seis de xuño de 1944, ao amencer, as praias de Normandía énchense de estoupidos e morte. Os
aliados desembarcan abrindo unha nova fronte na reconquista de Europa. Para
enfrontar esta invasión, o estado maior alemán ten que mobilizar tódalas tropas
dispoñibles, incluídas moitos do rexementos das SS que estaban diseminadas por
Francia intentando controlar aos elementos hostís ao réxime de Vichy. O Maquis,
a resistencia armada, vai empregarse a fondo para atrasar estes movementos de
tropas, evitando que estes reforzos cheguen ao Contentin para axudar a botar aos Aliados ao mar.
Concretamente a División SS Das Reich
do Waffen-SS, veterana do Fronte
Oriental, parte dende a rexión de Toulouse,
pero cando chega ao Macizo Central á rexión do Lemosín, onde a actividade do maquis é particularmente intensa, a 3ª
Compañía do Primeiro Batallón do Rexemento Der Führer é requirida para realizar
una operación de "limpeza" en Oradour-sur-Glane,
coa escusa de que no pobo agachábase un depósito de armas de Resistencia.
Na mañá do sábado 10 de xuño, había en
Oradour mais xente que outro
día calquera. Á hora do xantar, os restaurantes dos hoteis estaban a rebordar, e
moitos forasteiros en descanso de fin de semana achegaranse a vila atraídos
pola noticia da dispoñibilidade de tabaco nas expendedoras. Tamén estaba
convocada unha visita médica para os cativos, e os 191 nenos dos dous grupos
escolares de Oradour, tiñan tamén aulas de tarde.
Arredor das dúas da tarde unha columna composta dunha decena de vehículos, entre
eles dous blindados media/eiruga, entrou en Oradour pola estrada de Limoges. Cento cincuenta dos soldados das Waffen-SS ás ordes de Adolf Dickmann,
vestidos con roupas de camuflaxe, despregáronse polo núcleo urbano con orde de
concentrar á totalidade dos habitantes de Oradour na praza do mercado para unha
teórica “inspección dos seus documentos de identificación”.
As Schutzstaffel teñen experiencia e brutalidade abondo para executar a manobra
de agrupamento da poboación con método, disciplina e aplicación de violencia
necesaria, e ao cabo de vinte minutos a manobra está finalizada. Diante da praza
chea de xente, un terzo deles nenos, o comandante Dickmann acusa ao pobo de servir
de depósito de armas para o Maquis, e ordénalle ao alcalde de Oradour escoller
entre eles a 30 reféns, ao que o alcalde négase, ofrecéndose el mesmo coma tal.
A negativa non muda o propósito inicial de Dickmann que ordena ás tropas proceder
a separar aos presentes en dous grupos. O grupo dos homes é levado cara ás aforas
do pobo, e o das mulleres e nenos encerrados na igrexa. De súpeto, cando aínda
non entraran na igrexa a totalidade do grupo explota dentro unha granada de
fume o que desencadea un intento de fuxida do recinto que os fusís automáticos
dos Waffen-SS empecen cunha cortiña de chumbo. A combinación dos dous factores
é dunha eficacia abraiante: soamente unha muller de apelido Rouffanche, que
puido escapar por unha xanela, sobrevive á masacre.
A explosión da granada serviu como sinal para que os soldados apostados con
metralladoras pesadas nos arredores iniciasen o fusilamento dos homes, ao que
déronlle cabo rematando un por un aos agoniantes. Seiscentas corenta e dúas
persoas, 190 homes, 245 mulleres e 207 nenos, perderon a vida na hecatombe
programada co fin de intimidar á poboación civil coutando o seu apoio á acción
dos maquisards.
Vinte das seiscentas corenta e dúas vítimas eran exiliados republicanos españois.
Vítimas esquecidas pola España da Transición. (Ou mellor da traizón?) Soamente
unha placa instalada en 1945 a instancias da Junta Española de Liberación do Goberno da República española no
exilio, recolle cos nomes dos españois falecidos a mans dos nazis. O Foro pola
Memoria de Guadalajara, ten identificados aos seguintes:
·
Os
Gil Espinosa, de Alcañiz. Francisco Gil de 50 anos, a esposa Francisca de 49, a
prima Carmen de 30 e as nenas Francisca e Pilar.
·
Os Lorente
Pardo, nai, Antonia, e dous fillos, Nuria e Francisco. Levaban en Francia dende
o éxodo de xaneiro de 1939, procedentes de Barcelona.
·
As
irmáns Emilia e Angelina Masachs, de 11 y 8 años, de Sabadell, perderan aos
seus pais e estaban recollidas por as outras familias españolas.
·
Os Serrano
Pardo. O pai, José, mestre de escola a a súa muller María. Tres fillas nacidas
en Francia; Armonía de tres anos e as xemelgas de un ano, Esther e Paquita.
·
Os Téllez
Domínguez de Barcelona. O pai, Domingo era orixinario de Zaragoza. A nai María
de 31 anos e tres fillos, Miguel de 11 años, Armonía de 8 años e Liberto, de dous,
nacido en Oradour.
·
Finalmente
Carmen Silva, de 39 años, de Bilbao casada co francés Robert Pinede e que non
figura na placa.
"Non creo que existan
palabras para describir todo o que significa, a aqueles que non saben qué é, o
horror. O horror. O horror ten rostro”
Ola a todos,
ResponderEliminarMe disculpo por no escribir en gallego, pero soy un francés que, como comprenderán, ya está luchando por escribir correctamente en castellano.
Soy "archivista" en la sección departamental de la Gironda de la AAGEF-FFI (Amicale des Anciens Guérilleros Espagnols en France FFI), una asociación de veteranos, y actualmente llevo a cabo investigaciones sobre el Comité Francés de la JEL (Junta Española de Liberación).
Como se menciona en el artículo, la JEL colocó una placa en el cementerio de Oradour-sur-Glane en homenaje a los exiliados españoles masacrados por los nazis el 10 de junio de 1944. Conozco desde hace tiempo la existencia de esta placa, y traté de conocer la fecha de su colocación. Contacté con el Centre de la mémoire d'Oradour-sur-Glane, luego el ayuntamiento del pueblo, que ambos no pudo ayudarme, por falta de archivos ; el segundo ha indicado que probablemente lo había sido entre 1945 y 1954.
En el artículo, en cambio, dices que lo fue en 1945. ¿Puedes decirnos lo que le lleva a afirmarlo? ¿Conoces un documento oficial que pueda consultar?
Agradeciendo su preciosa ayuda.
Stéphane Cursan