Alá polo mes de febreiro do 2008 un colectivo de más de setenta intelectuais, profesionais
e representantes de diversos colectivos firmaron una solicitude dirixida ao Alcalde
de Vigo, para que o monumento que ao insigne poeta de Celanova Manuel Curros
Enríquez se erguera no 1911 por iniciativa da sociedade "A Oliva" na Alameda de
Vigo, retornara do seu vergonzoso exilio no Castro a onde a mandara o infausto
Rafael Portanet (que por certo tampouco era de Vigo) alá polo 1968.
Con inusitada presteza a alcaldía asumiu o reto e no mes de maio estaba xa na súa nova situación, un pouco mellor que na do Castro, pero aínda non do gusto dalgúns que amamos fondamente ao poeta, un pouco afastada do tráfico peonil e porque o estado actual desa parte da Alameda non é precisamente exemplar.
Con inusitada presteza a alcaldía asumiu o reto e no mes de maio estaba xa na súa nova situación, un pouco mellor que na do Castro, pero aínda non do gusto dalgúns que amamos fondamente ao poeta, un pouco afastada do tráfico peonil e porque o estado actual desa parte da Alameda non é precisamente exemplar.
A idea de facerlle un monumento ao poeta na cidade de Vigo, coa que
Curros tiña unha grande relación de afecto, partiu da sociedade cultural A
Oliva, presidida naquel ano de 1910 por Manuel Gómez Román e cuxo contador era o
meu avó Manoel da Costa (grazas Alejo). O monumento foi financiado coas
aportacións populares, encargado ao notable escultor Lorenzo Coullat Valera e inaugurado
na Praza de Compostela, mais coñecida como a Alameda,
no 1911.
Lorenzo Coullaut Valera, sobriño de Juan Valera, nacera
na localidade sevillana de Marchena, e o monumento de Curros é un dos primeiros
encargos importantes que o escultor, protexido de Enrique Peinador fixo en Galicia, ademais do monumento a Emilia Pardo Bazán que está na Coruña e o do pai do propio Enrique Peinador Limes,
Enrique Peinador Vela, nos xardíns de Mondariz.
O monumento é un busto do escritor sobre unha base
trapezoidal historiada e situada sobre un basamento graduado. Na parte frontal ten
un baixorrelevo da musa galega da poesía e na parte posterior un texto que di:
CURROS ENRIQUEZ
LA SOCIEDAD
“LA OLIVA”
1911
E un pouco mas
abaixo:
ERIGIDO POR SUSCRICIÓN PÚBLICA
Y CON LA EFICAZ COLABORACIÓN
DE LAS SEÑORITAS DE ESTA CIUDAD
No hay comentarios:
Publicar un comentario