Os exipcios, entre
outras civilizacións, para coñecer o tempo que tiñan que dedicar a cada actividade
dividiron o período entre o amencer e o anoitecer en doce partes que chamaron horas.
Para saber por
qué doce e non por exemplo vinte, que son os dedos das dúas mans, compre saber
que os exipcios tiñan un sistema baseado nas ducias, tamén coñecido como duodecimal,
presente en moitas mais civilizacións e que segue en moitas manifestacións
cotiáns: os ovos se venden en ducias, o ano se divide en 12 meses, hai 12 apóstolos,
12 signos no zodíaco e 12 animais na astroloxía chinesa.
Como todo o resto de sistemas de conta, a ten unha base humana. Se, usando o polgar a
modo de punteiro, contamos as falanxes dos restantes catro dedos, sae a conta
de doce; unha ducia, 3 falanxes por 4 dedos.
Se usamos os
cinco dedos da outra man de multiplicador chegaremos ao sistema sexagesimal: 12
x 5 = 60. E a razón da división da hora en sesenta minutos e estes, á súa vez, en
sesenta segundos.
E para saber que
tocaba facer en cada momento inventouse o primeiro reloxo: o desprazamento da
sombra dun pausiño no chan. Non era moi práctico porque no amencer nin no
anoitecer, servía, nin tampouco nos días nubrados. Pero iso en Exipto non eran
moitos. Mais tarde inventáronse reloxos de auga, de area, de lume e, por fin,
mecánicos.
Os primeiros
reloxos mecánicos tiñan unha única agulla, así que ao mirar para el so se podía
dicir que era a hora exacta, que faltaba un pouco para chegar ou que xa
pasaran. Por exemplo: son as cinco, falta un pouco para as cinco ou pasa
bastante das cinco.
Cando un
reloxeiro puxo unha segunda agulla, un pouco mais fina e larga que a outra,
para que se distinguiran ben) aos reloxos mecánicos complicouse un pouco a
forma de ler a hora.
- Como unha volta completa á circunferencia, o traxecto enteiro da agulla grande, ten 60 minutos, a distancia que hai entre dous números consecutivos é de 5minutos.
- Se a agulla fixo a metade do camiño pasan 30 minutos da hora que sinala a agulla grande.
- Se fixo unha cuarta parte 15 minutos.
- E se fixo as tres cuartas partes lle faltan 15 minutos para chegar á seguinte hora.
- Se a agulla grande está entre as 12 e as 6 conta de cinco en cinco cantas horas hai entre as doce e onde está a agulla. Son as … e (o número que salga)
- Se a agulla grande está entre as 6 e as 12 conta de cinco en cinco cantas horas hai entre as doce e onde está a agulla. Son as … menos (o número que salga)
A practicar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario