Conta Pete Seeger que en outubro de 1955, cando estaba nun avión con destino a Ohio para dar un concerto no Oberlin College de dita cidade de Oberlin, atopou no seu peto un papel con tres liñas que anotara o ano anterior cando estaba a ler “O Don apracible” a monumental novela de Mijaíl Shólojov. As liñas contiñan unha estrofa que os soldados cosacos cantaban cando galopaban para unirse ao exército do Tsar: “Onde están as flores? As mozas arrincáronas. Onde están as mozas? Casáronse. Onde están os homes? Están no exército”. Para facer a letra, Seeger engade a esta idea base, as de que “vai alá moito tempo” e “cando van aprender?” Vinte minutos despois Pete Seeger tiña rematada a letra desta marabillosa canción, que fala da imposibilidade da humanidade de aprender dos seus propios erros.
Onde fóronse todas as flores?
Cortáronas as mozas!
Onde fóronse todas as mozas?
Casaron cos mozos!
Onde fóronse todos os mozos?
Fóronse a ser soldados, todos eles.
E segue describindo como os soldados encheron ás tumbas; e como as tumbas enchéronse de flores, que novas mozas colleron para darlles aos seus amados; e como estes amados serán novamente chamados a outra guerra sen sentido, na que tamén serán soldados que acabarán en tumbas, que logo encheranse de flores. E pregunta a letra: cando van aprender? Cando van aprender? Pero ninguén contesta, porque as cabezas están cheas de orgullo patrio e baleiras de raciocinio!
Seeger incluíu nesta primeira versión do Oberlin College soamente tres estrofas, ata que un estudante de nome Joe Hickerson, que traballaba como monitor nun campamento de verán, engadiulle dúas máis. Estas novas estrofas foron tan ben recibido por Pete, que este engadiu o nome do estudante como coautor da canción, outorgándolle un 20% dos dereitos.
De tódalas versións existentes, a de Joan
Baez, Peter, Paul & Mary, Kingston Trio, Marlene Dietrich e o propio Seeger,
eu escollín esta, que foi producida nos anos noventa polo activista
medioambiental, loitador polos dereitos dos cidadáns e gran afeccionado á
música politicamente comprometida, Jim Musselman,
para o seu selo discográfico de música folk estadounidense Appleseed Recordings. De
feito Where Have All the Flowers Gone:
The Songs of Pete Seeger foi o primeiro álbum da discográfica. O álbum inclúe
ademais versións de cancións de Seeger
feitas por artistas da estatura moral de Bruce
Springsteen, Ani DiFranco, Jackson Browne, Joan Baez, Judy Collins, ou o actor Tim Robbins.
O álbum gañou o Premio da Federación Estadounidense de Música Independente ao
mellor lanzamento de 1998, e o dúo de Jackson
Browne e Bonnie Raitt en"Kisses Sweeter than Wine"foi nomeado para un Premio Grammy no 1999.
Para esta
versión de Where Have All the Flowers
Gone, Jim Musselman pensou en dúas cidades especialmente torturadas pola
guerra: Belfast e Sarajevo. Por Belfast viría Tommy Sands e Vedran Smailović por Sarajevo. E como símbolo da necesaria
superación das diferenzas entre as dúas comunidades de Irlanda do Norte, engadiría
ás voces do propio Tommy e a de Dolores Keane, un coro coro de nenos e nenas católicos e protestantes baixo
a dirección de Ros Ni Dhubhainn. Rod McVey
encargouse da produción, acordeón e teclados, James Blennerhasset do
baixo, Liam Bradley da percusión e Liam
O’Flynn desa arrepiante gaita irlandesa
da segunda parte da melodía. Os arranxos son cousa do propio Jim Musselman
coa axuda de Tommy Sands e Rod McVey. E, aínda que
non se lle cita nos cretos, seguro que Liam
O’Flynn ten moito que ver tamén no
resultado final!
No hay comentarios:
Publicar un comentario