Chega o noveno día e a cantidade
de discos de imprescindible publicación alcanza xa límites preocupantes. Hora é
de abandonar criterios e deixarse guiar polo corazón. E aló no máis fondo
recanto do noso corazón atopei o 11S. Non o das torres xemelgas: o outro 11S. O
11 de setembro de 1973, en Santiago de Chile. O golpe contra o primeiro intento
de instaurar na América latina, un goberno socialista coas regras do xogo do
imperialismo ianqui. Intento que ben sabedes como rematou, que o capitalismo é
un xogador de vantaxe que cando perde, pon riba da mesa ás armas para torcer a
vontade popular.
E de cantar popular vai a escolla
desta semana; un LP da DICAP, A Discoteca
do Cantar Popular, un selo discográfico chileno fundado no 1967 polas Mocidades Comunistas de Chile para poder
publicar aos artistas que non tiñan espazo nos selos multinacionais polas súas
temáticas contestatarias e anticapitalistas,
a “Cantata de Santa María de Iquique” cantada polo grupo Quilapayún, un dos
mellores discos chilenos de todos os tempos, que mercamos nunha tenda de discos
da rúa Santa Catarina de Porto, no ano 1975.
O certo é que eu mesmo escribira Cantata de Santa María de Iquique de Quilapayún,
en troques de Cantata de Santa María de Iquique
de Luis Advis, outorgando aos intérpretes todo o creto dunha obra que ten tamén
un autor intelectual, ao que polo menos haberá que conceder certo
recoñecemento.
Luís Advis naceu na cidade de Iquique,
“lugar de soños” en aimará, no Norte Grande de Chile, o 10 de febreiro de 1935.
Graduado en filosofía na Universidade de Chile, exerceu a docencia
universitaria en varias institucións de educación superior. Estudou piano con
Albert Spikin e composición co mestre chileno Gustavo Becerra-Schmidt, unha das
figuras fundamentais da música chilena contemporánea.
Luis Advis, músico de formación
académica, aínda que no regrada, estivo sempre na teima da revitalización da
música popular folclórica, xuntando nos seus traballos, cantatas, sinfonías e
outras formas da música académica, coa música de raíz. Desta orixe xurde, aló
polo 1969, “Santa María de Iquique”, unha obra musical composta por dezaoito
partes, incluíndo cinco relatos interpretados polo actor Héctor Duvauchelle, en
que se narran os sucesos da Matanza da Escola Santa María, ocorrida o 21 de
decembro de 1907 na cidade de Iquique, e perpetrada polo xeneral, experto en
masacres, Roberto Silva Renard, por orde expresa do goberno do presidente Pedro
Montt.
Temos o disco en dúas edicións,
ás dúas da versión orixinal de antes da destrución das cintas Máster pola ditadura
militar de Chile: a fabricada en Portugal e a española de Iberofón. Iguais
salvo as portadas. Dezaoito partes, oito na cara A e 10 na cara B, que inclúen
cinco relatos, un preludio e tres interludios só coa presenza musical, dous
pregóns e sete cancións, cuxos ritmos e instrumentalización varían notablemente
para dar énfase ao tema tratado en cada canción.
Pregón: Señoras e señores
A cantata iníciase cun pregón
introdutorio que dá a coñecer o tema tratado na obra, acompañado principalmente
con instrumentos de corda que se van incorporando lentamente para dar máis
forza ás frases.
Preludio instrumental
Relato: Se contemplan a pampa e
os seus recunchos
O primeiro relato inclúe unha
descrición da industria do salitre, os obreiros nas súas oficinas localizadas
no medio do deserto e as paupérrimas condicións laborais e de vida que tiñan
eles e as súas familias.
Canción: O sol en deserto grande
A canción reforza o tema de
relato anterior, tratando a dureza do traballo baixo "o sol do deserto
grande". As voces actúan como coro de obreiros mentres traballan extraendo
rocas en metade do gran deserto de Atacama.
Interludio instrumental
Relato: Acumulouse moito dano
O segundo relato comeza a falar
da xestación dos movementos sindicalistas e das primeiras folgas realizadas na
industria do salitre. Tras a primeira
folga na oficina San Lorenzo, o relato indica que "todos escoitaban un
berro que voaba no deserto, dunha ou outra oficina como refachos" ata que
deciden descender desde a pampa ata
"o porto grande", Iquique.
Canción: Imos muller
Nesta canción, a voz volve
encarnar a un obreiro, que alenta con optimismo á súa muller para que o
acompañe xunto ao seu fillo. O obreiro descríbelle á cidade dicindo que é
"tan grande como un salgar" e que posúe "moitas casas
lindas", dando a entender que nunca coñeceran a cidade nin que puideran
saír con facilidade da oficina. Deixa claro que a viaxe mesmo é perigoso e un
sacrificio, pero o optimismo do obreiro vese reforzado ao repetir en varias
oportunidades "non hai que temer porque en Iquique todos van
entender".
Interludio instrumental
Relato: Do quince ao vinte e un
Os obreiros baixan finalmente á
cidade, afirma o relato, entre o 15 e o 21 de decembro de 1907. Aínda que se
relata o apoio dado por moitos comerciantes e traballadores da cidade, tamén se
conta de como moita xente rexeita a presenza dos obreiros, medorentos de roubos
e asasinatos.
Interludio cantado: Uníronse connosco
Este curto tema serve para
reforzar, na voz dos pampinos, o relato anterior: "Iquique venos como
estraños; compréndennos algúns amigos e os outros nos quitan a man."
Relato: O sitio ao que os levaban
O relato continúa co anterior,
onde conta como os obreiros son levados á Escola Domingo Santa María no centro
da cidade e os ánimos comezan a presentir o fin tráxico da súa aventura.
Canción: Son obreiro pampino e
son
Os instrumentos de corda marcan a
tensión desta canción. Un obreiro de maior experiencia dáse conta de que
"algo horrible vai suceder" e comeza a lembrar as penurias da súa
vida, mentres tartamudea, presa do temor.
Interludio instrumental
Relato: Ninguén diga palabra que chegará
A voz introduce aos militares a
cargo do xeneral Roberto Silva Renard, quen rodea a escola. Segundo o relato,
Silva Renard trata de convencer aos obreiros dicindo "que non serve de
nada tanta comedia, que deixen de inventar tanta miseria, que non entenden
deberes, son ignorantes, que perturban a orde" e os ameaza, recibindo a
resposta dun obreiro que anuncia que levantarán o puño no alto e que se quere
ameazar, que dispare primeiro. O xeneral, conta o relato, saca o seu revólver e
dispáralle, dando a orde para continuar co resto de presentes.
Canción de ladaíña: Morreron tres mil seiscentos
A canción relata a morte de 3600
falecidos, aínda que non existe certeza dunha cifra exacta e a descrita na obra
é unha das máis altas dentro das moitas propostas. Instrumentos de vento
predominan no tema para marcar a tristeza.
Canción: Aos homes da pampa
Mesturando diversas melodías e
textos, a canción laméntase dos feitos e alcanza un dos clímax da composición. A letra inclúe o
relato a un neno dos sucesos, afirmando que "non hai que ser pobre, filliño;
é perigoso ser pobre, filliño", para logo mesturar a un texto moito máis
militante que no resto da cantata. Tras o clímax da canción, esta pecha coa
frase "Onde están os asasinos que mataron por matar? Xurámolo pola terra,
terémolos que atopar [...] xurámolo, compañeiros, ese día chegará!"
Pregón: Señoras e señores
Canción final: Vostedes que xa escoitaron
A canción, cun charango
predominante, continúa co ton altamente político da canción anterior, invocando
á unión do pobo para a reivindicación dos seus dereitos e evitar que se repitan
os sucesos anteriores, o que se reflicte en frases como "quizais mañá ou
pasado, ou ben nun tempo máis, a historia que escoitaron de novo sucederá; é
Chile un país tan longo, mil cosas poden pasar se é que non nos preparamos
resoltos para loitar". O texto continúa convocando á unión e mesturando
algunhas frases do tema anterior, ata finalizar coa frase " Unámonos como
irmáns que ninguén nos vencerá; se queren escravizarnos, xamais o poderán
lograr."
E nada máis por hoxe. Vos deixo
coa Cantata nas voces de Eduardo Carrasco e os seus compañeiros barbudos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario