Parece que a relación de Eduard Strauss co seu irmán maior, Johann, estaba
marcada en boa medida pola envexa e os celos, pois Eduard queixábase de que a
dirección da orquestra dos Strauss non lle deixaba tempo para compoñer, algo
que, pola contra, o seu irmán Johann tiña abondo. Johann reprochaba esta
actitude ao seu irmán nestas liñas dunha carta dirixida a Eduard:
"Ti ves sempre todo negro;
pensas que sempre che quero causar algún mal. Cantos anos terás que ter para
que finalmente comprendas que o teu irmán non é o teu inimigo?"
Eduard Strauss morreu o 28 de decembro de 1916 e o últimos anos da súa
vida, retirado xa dos escenarios, dedicouse á escrita da historia da familia,
memorias que publicou no 1906 co título de Erinnerungen,
Lembranzas. O 22 de outubro de 1907 Eduard pasa definitivamente á historia
da infamia cando manda arroxar ás chamas todo o arquivo musical da familia
Strauss, que custodiaba desde 1825, e no que se atopaban obras inéditas dos
seus irmáns Segundo explicaba o propio Eduard era un acordo ao que chegara co
seu irmán Johann en 1869, de que o último dos irmáns en morrer destruiría todo
o arquivo para que ninguén despois deles puidésese aproveitar do seu traballo,
pero estudosos como Henri-Louis de Lagrange sosteñen que non foi esta a razón
senón a envexa e o resentimento.
Eu, que teño unha certa tendencia a pensar ben da xente, creo sinceramente que un home que escrebe cousas como estas non pode ser un miserable:
No hay comentarios:
Publicar un comentario