E xa que andamos hoxe na memoria de historias antigas e de libros agochados longo tempo en andeis pouco frecuentados, vós traio hoxe unha pequena alfaia: o libro editado pola SDC Condado no 1982 co gaio do 2º Festival de Poesía do Condado. A nómina de poetas galegos e portugueses é impresionante: Darío Xoán Cabana, Cuña Novás, Manoel María, Méndez Ferrín, Manoel Forcadela, Egito Gonçalves, Bernardino Graña, Margarida Ledo Andión, Ramón Pena, Pexegueiro, Grupo Rompente, Cesáreo Sánchez, Xavier Seoane, Vítor Vaqueiro, Xulio Valcarcel, Vázquez Pintor, Viale Moutinho … e Xosé Neira Vilas, que non puido asistir e mandou o seu poema “Con mágoa e con amor” e a carta de apoio que reproduzo que comeza afirmando que “a poesía é tamén unha arma de combate” e remata afirmándose “voso e de Galicia”
Nota: alfaia é palabra da que gusto moito e que empregabamos daquela en lugar de xoia, por demais achegada ao castelán, do que cumpría afastarse o máis que puidéramos. E xa postos “alfaia por alfaia, mellor quero pandeiro que saia”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario