A foto é da Casa
Museo de Valle-Inclán en Vilanova de Arousa.
Un blogue de intereses varios que abranguen a antropoloxía, arqueoloxía, arquitectura, economía, ética, política, paleontoloxía, ata a música, tratados todos eles sen o máis mínimo rigor científico. Para os afeccionados á electricidade teño outro blogue especializado que leva por nome “O fogar de Tesla”
sábado, 17 de abril de 2021
A sombra dun xenio
A sombra dun
xenio é tóxica: poucas veces deixa medrar ao seu redor fillos ou irmáns. Por
poñer un caso: Carlos del Valle-Inclán y de la Peña, o irmán maior de don Ramón
María. Facede unha procura en Google. Poucas, moi poucas referencias, se facemos
excepción das de Carlos Luis, o fillo do seu irmán. E ás máis destas
referencias están nas páxinas do seu irmán. Por exemplo na Wikipedia atoparedes
na biografía deste a frase: “participando activamente, junto a su hermano
Carlos, en la vida periodística de la ciudad.” Unha noticia na Voz de Galicia da reedición do seu libro «Escenas
Gallegas», e pouco mais. Se non fora polos datos que Catalina Miguez Vilas, do
Grupo de Investigación Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela, inclúe
no seu artigo dedicado a Ramón del Valle-Inclán en Pontevedra. Que inicia os
seus estudos de Dereito na facultade de Santiago co seu irmán Ramón no curso
1884-1885, aínda que el se que os da cabo. Que chega a traballar coma profesor
numerario na sección de letras do Instituto de Pontevedra para acadar méritos,
aínda que non recibe soldo. Que foi autor de varias obras literarias de
relativo éxito, entre eles Escenas gallegas, publicado no ano 1894 na
Tipografía de José Eiras García da Rúa Michelena de Pontevedra. Que Carlos tivo
un papel influente na formación intelectual de Ramón, que xuntos colaboraron na
prensa galega nos seus anos universitarios e que Carlos foi o primeiro en
asinar co apelido Valle-Inclán, tomándoo do seu ilustre antepasado Francisco do
Valle-Inclán, catedrático da Universidade de Santiago e fundador da súa
primeira biblioteca.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
As miñas disputas coa IA
Cada día téñolle máis medo a algunhas aplicacións de —supostamente— Intelixencia Artificial. E como para mostra un botón aquí déixovos a de ...
-
Revisando antigas revistas do meu Colexio dos Xesuítas de Vigo atopei unha referencia a unhas coplas de cego que daquela tiveran moito pre...
-
A rúa López Mora ten, sinalando o seu comezo, unha das máis fermosas placas do rueiro da cidade. A placa, de cerámica policromada ten unha...
-
Nos concertos de música académica, existe un certo protocolo establecido que, polo menos aos habituais deste tipo de música, nos parece...
No hay comentarios:
Publicar un comentario