Jean-Paul Sartre dixo unha vez de Cornelius Castoriadis: "Castoriadis sempre tivo razón, pero no momento equivocado". Ao que Cornelius respondeu: "En cambio Sartre sempre estivo equivocado no momento xusto".
Cornelius Castoriadis (Istambul, 11 de marzo de 1922 - París, 26 de decembro de 1997) foi un filósofo e psicanalista, defensor do concepto de autonomía política e fundador nos anos 40 do grupo político Socialismo ou barbarie e da revista do mesmo nome, de tendencias próximas ao luxemburguismo. O termo luxemburguismo refírese ao movemento marxista revolucionario creado por Rosa Luxemburgo e Karl Liebknecht, coñecido polo nome de Liga Espartaquista.
Precisamente de Rosa Luxemburgo é a cita:
“A revolución proletaria non ten ningunha necesidade de utilizar o terror para acadar os seus obxectivos. Detesta e repudia o asasinato. Non necesita recorrer a eses medios de loita porque non combate aos individuos, senón ás institucións, porque non entra na liza con ilusións infantís que, decepcionadas, entrañarían unha vinganza sanguinaria”.
Un blogue de intereses varios que abranguen a antropoloxía, arqueoloxía, arquitectura, economía, ética, política, paleontoloxía, ata a música, tratados todos eles sen o máis mínimo rigor científico. Para os afeccionados á electricidade teño outro blogue especializado que leva por nome “O fogar de Tesla”
jueves, 29 de abril de 2021
Quen non se move non sente as cadeas!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Á procura do inalcanzable
Escoitando hoxe o CD de Caroline Herring " The Golden Apples of the Sun " veume ás mentes o libro de contos de Ray Bradbury, ...

-
A rúa López Mora ten, sinalando o seu comezo, unha das máis fermosas placas do rueiro da cidade. A placa, de cerámica policromada ten unha o...
-
Escoitando hoxe o CD de Caroline Herring " The Golden Apples of the Sun " veume ás mentes o libro de contos de Ray Bradbury, ...
-
Van alá uns poucos anos unha amiga nos fixo un agasallo ao que lle teño unha especial estima. É un dobre CD do inesquecible Suso Vaamonde, c...
No hay comentarios:
Publicar un comentario