Para os que nun xa moi afastado día estudamos a materia de Resistencia de Materiais segue a sorprendernos a utilización faise da palabra “resiliencia”. Neste ámbito do coñecemento a resiliencia é a “Capacidade dun material, mecanismo ou sistema para recuperar o seu estado inicial logo do cese da perturbación á que fora sometido”. Significado totalmente lóxico se temos en conta a súa orixe latina: “resiliens, -entis”, part. pres. act. de resilīre “saltar cara atrás”, “rebotar”.
Alá polo ano
1972, un médico inglés, Michael Rutter[1],
profesor de psicopatoloxía do desenvolvemento no Instituto de Psiquiatría do
King 's College de Londres e psiquiatra consultor no Hospital Maudsley, decidiu
empregar este termo para as ciencias sociais, popularizándose de tal xeito que
foi entrando con esta acepción nos dicionarios das principais linguas. De feito
o da RAE o acolle como principal significado:
1. f. Capacidad de adaptación de un ser vivo frente a un
agente perturbador o un estado o situación adversos.
Mentres que para o
da RAG, o significado principal de resiliencia é o da física (?):
Capacidade de resistencia ao choque que presenta un material.
A resiliencia próbase en materiais metálicos.
Que enganados nos
tiñan! E nos pensando que a capacidade de resistencia ao choque tiña máis que
ver coa ciencia dos materiais que coa física! E que a “Capacidade de
resistencia ao choque que presenta un material” podía ser máis eficazmente
avaliada mediante a tenacidade, é dicir a forza coa que o material se opón á
ruptura.
Deixando de lado
a imprecisión da definición da RAG, o acordo xeral de outorgar a calidade de resiliente
a unha persoa que se adapta ben á adversidade, a un trauma ou unha
traxedia, non é na miña opinión moi acaído xa que o mellor exemplo de
resiliencia é un resorte que no intre que retiras o esforzo volve á súa
posición orixinal, cousa que claramente non sucede nas ciencias sociais.
Pero isto, coma
sempre, non deixa de ser unha opinión.
[1] Ademais de Michaël Rutter
se pode citar os traballos de Norman Garmezy e Emily Werneer, especialistas en
la infancia, e a intervención de Boris Cyrulnik que foi quen deu a coñecer ao gran
público o concepto de resiliencia na súa obra Una maravillosa desgracia, de 1999.
No hay comentarios:
Publicar un comentario