Non todo está en Internet.
Afortunadamente hai vida fora dos territorios virtuais! Un exemplo non sei ben
se desta afirmación ou da miña inutilidade na pescuda, é o Colectivo R.A.C.A.
ou sexa RiquiñAs Cabreadas en Acción. Me encantan estas riquiñas, especialmente
a súa acción no observatorio de aves do Val Miñor, na desembocadura do río
Groba, preto da Marisma da Ramallosa. No seu cartaz, a xeito de unha mesa
interpretativa, denuncian a morte dun crocodilo nesas augas, abafado polas verteduras
dos incontrolados, e nos recordan que:
Os numerosos vertidos incontrolados procedentes dos tres concellos do Val
Miñor levaron á morte a este fermoso saurio.
Prégase unha reflexión ó respecto.
O Diornis, o Dinoterio e o Dinoseto confían en que esta morte sirva para
que se controlen os vertidos fecais á
Marisma da Foz do Miñor, e para que se leven a cabo accións concretas de
saneamento e recuperación deste singular ecosistema natural.
Maxino o que deberon de rir xuntando nunha mesma liña
ao Dinornis, tamén chamado Moa xigante, un ave extinguido pola acción do home arredor
do 1500 da nosa era, o Dinoterio, un protoelefante extinguido no Pleistoceno
Inferior e o Dinoseto, unha ridícula ocorrencia do sagaz alcalde de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario