Facendo tempo
para entrar na nosa aula de percusión co mestre @Chuco, un compañeiro, Antonio me fixo unha
pregunta cuxa resposta penso que pode ser do voso interese. Na tormenta do
martes observara que algúns dos raios parecían partir dun punto elevado do chan
cara á nube e non do revés. “Pode ser certo ou estou errado?”
Pois estás no
certo! Os raios poden clasificarse en catro tipos consonte a polaridade da
parte inferior da nube e a lonxitude do trazador. Os raios ascendentes son do
orde dun 1% do total de descargas atmoféricas.
1.
Raio negativo descendente: as nubes están cargadas negativamente na
súa parte inferior, e o trazador descendente e moito maior que o ascendente. É
o mais frecuente en clima temperado. (90% dos existentes).
2.
Raio positivo descendente: as nubes están cargadas positivamente na
súa parte inferior, e o trazador descendente e moito maior que o ascendente. Pouco
frecuente e moi perigoso. Pode aparecer en montañas ou prominencias importantes.
3.
Raio negativo ascendente: as nubes están cargadas negativamente na
súa parte inferior, e o trazador ascendente e moito maior que o descendente.
4.
Raio positivo ascendente: as nubes están cargadas positivamente na
súa parte inferior, e o trazador ascendente e moito maior que o descendente. Pouco
frecuente e moi perigoso. Pode aparecer en montañas ou prominencias importantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario