Ollando de vagar polas súas follas oxidadas polo tempo atopei no artigo de
Emilio Álvarez Blázquez, O Suplemento de "La Noche", trinta anos
despois, esta historia de Laxeiro que quero compartir con vos.
De falar de Laxeiro —que é unha das miñas vellas tentacións— encargueime
eu, baixo o rótulo de "Genio y figura": Ocupeime del, nada máis nin
nada menos, que tres veces, pero pagaba a pena, pois tratábase, de primeiras,
de dar a noticia de que se tiña deixado a perilla o que, referido a un pintor,
que denantes foi barbeiro, plantexaba a necesidade de coñecer qué foi máis
doado para el, si facer o autorretrato ou facer a autoperilla. Na segunda crónica
recollíase a noticia de que o pintor tiña perdido, na rúa do Príncipe, un
tacón, angustia que o levou a publicar un anuncio breve no "Faro.de
Vigo" dando conta da perda, xunto co aviso de que "se 'gratificará su
devolución". O asunto era serio, pois ese desnivel na estatura podía
deixalo mancado como estatua do futuro.
Por fin, na terceira crónica dábase conta do incendio nocturno da súa guardilla-estudio,
na rúa de García Barbón:
-
Qué podo
facer, cabo? -preguntoulle Laxeiro, ao xefe de bombeiros.
-
Reclamar
ao seguro.
-
Nada
teño asegurado, nada hai seguro. Nin siquer o arte.
-
Eu
non entendo, pero parece vostede un bón pintor.
-
Tamén
vostede ten alma de artista, cabo.
-
Faise
o que se pode. Todo
o ten perdido menos o tellado. Síntoo.
-
Gracias,
cabo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario