Resulta sinxelo manipular
á xente. E de xeito especial nos temas que teñan que ver coa ciencia ou a
tecnoloxía. Abonda con axitar o espectro do científico tolo, ou da conspiración
dos poderosos para conseguir audiencia. Exaxerar, desfigurar, converter calquera
miudeza en ameaza grave, utilizar fontes de aparente prestixio vulgarizando ata
a caricatura as súas afirmacións, utilizar a parte da información que sustenta
a nosa teoría escondendo á que a contradí, son formas habituais de proceder de
certos medios de información.
O malo é cando
esta manipulación é utilizada pola esquerda transformadora para a súa acción
política, porque, como dicía Lenín, so a
verdade é revolucionaria. Malo se a utilización é por ignorancia, pero
moito peor se utilízase a mantenta, coñecendo a súa falsidade, porque a mentira
ten as patas curtas e sen tardar volverase contra de nos.
Ven isto a conto
coa lectura do seguinte artigo da Plataforma
cidadán de investigación xudicial do sector eléctrico: http://plataforma.quieroauditoriaenergetica.org/blog/14-categoria-blog-1/246-desmontan-fraude-contador
Primeira afirmación:
Mais adiante
sabemos que as Universidades en cuestión son a Universidade de Twente, a
Universidade de Ciencias Aplicadas (de Amsterdam) e a Universidade de
Tecnoloxía de Hamburgo, institucións todas elas que non suscitan sospeitas.
“Home! Pois se o din esas tres universidades será certo!” Pois non tal! Porque
non son as universidades os que tal cousa afirman, senón o aparente resultado
do traballo de fin de carreira de Anton Melentjev no 2015. De feito non sabemos
cal é ese resultado porque non hai enlace a este traballo, pero iso non é óbice
para que o afervoado articulista afirme:
De que “haxa
contadores (entre os estudados no 2015 en Holanda por Melentjev) que poidan
verse afectados por interferencias electromagnéticas” a que os contadores
instalados en España e homologados polo Ministerio de Industria na súa ITC/3022/2007,
de 10 de outubro, e cumprindo a Directiva MID da UE, (https://www.boe.es/doue/2004/135/L00001-00080.pdf)
estean na mesma situación hai un abismo. Os contadores de enerxía eléctrica
son, por razóns evidentes, uns dos aparatos con mais normativas enriba. Non
digo que os fabricantes de contadores eléctricos non sexan todos eles unha
manda de delincuentes, senón que os estados da UE, andan enriba deles para que
polo menos lle resulte menos doado.
Se estudamos a
ilustración do laboratorio empregado por Melentjev para ás súas probas a
dúbidas fanse mais evidentes. Cando queremos probar a incorrección das medidas
dun aparato de medida se procede a comparar o medido cun instrumento “patrón”
nun entorno controlado e dunha forma concreta especificada nas correspondentes
normas. Na fotografía que se inclúe na páxina (se é a do estudio citado) non
existe tal instrumento “patrón”, os contadores son dun modelo que non corresponde
cos contadores actuais, a proba faise con contadores monofásicos e trifásicos,
pero a alimentación é monofásica. En resumo: a montaxe é mais propia dun
traballo de fin de carreira que de un auténtico estudio como o necesario para
unha denuncia de fraude.
Tamén se comenta
que:
Nos contamos
once, non nove contadores, excluíndo os dous do sistema Ferraris que imaxinamos
que se utilizan como comparación. Tampouco se aclara cal era a “configuración”
que provocaba que a medida fora case que seis veces superior á real, nin se
apunta á causa que o investigador atribúe a esta disparidade, difícil de
entender en calquera aparato de medida.
Mais adiante
leemos que os contadores que miden de mais son aqueles cuxo medida (non
control) da intensidade faise mediante unha bobina Rogowsky, e os que miden de
menos os que miden mediante sensores de efecto Hall. Estupendo! Porque nos
contadores actuais, polo menos que eu saiba, os contadores para medida fiscal non teñen bobinas de intensidade
Rogowsky nin sensores de efecto Hall, que si se usan noutras aplicacións de
medida pero que non son sospeitosos deses error se están correctamente
fabricados.
Finalmente
comentar que a Directiva Europea de Eficiencia Enerxética 2012/27/UE si que
está trasposta á lexislación española e que a norma IEC 61000-4-19 non afecta
aos contadores senón ás Técnicas de
ensaio e de medida utilizadas para comprobar esa compatibilidade. E de
deito existe a Norma española: a UNE-EN 61000-4-16:2016.
O esquecía: o verdadeiro fraude dos contadores intelixentes é que non fornezan a información de consumos, potencias, etc., tamén ao consumidor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario