Debeu de ser aló nos estertores do século pasado ou nos albores deste, impartín aulas aos alumnos da especialidade de Química da Enxeñería Técnica da Escola de Industriais da Universidade de Vigo. Era inveterado costume meu no primeiro día do novo curso, ademais de comentar os aspectos organizativos, xeito de avaliación, etc., detallar os coñecemento básicos que se daban por supostos para poder cursar con éxito a materia de “Electricidade básica” que era a que me tocaba impartir. E a literatura científica e técnica que poderían usar para repasar este coñecemento previo. Entre os exemplo que me parecían de interese citei ao científico soviético Yácov Isidorovich Perelman, cuxas obras, apuntei, tedes dispoñibles en internet.
Días despois unha alumna avantaxada sinaloume con sorna que o tal Perelman
debía ser da miña familia dado o evidente parecido que, daquela, tiña coa foto
que figuraba na WEB. O certo é que, malia a súa chanza, obtivo na materia unha
das poucas matrículas de honra que puiden dar ao largo da miña vida docente.
Tanta graza me fixo a anécdota que, a xeito de broma só para iniciados, puxen
o retrato Perelman coma unha das ilustración no meu segundo libro ao que,
seguindo nesa mesma teima de instruír deleitando, titulei “Compensación de
Energía Reactiva (y su relación con la ley de Murphy)”. Broma, por certo, que
foi recibida con xeneral despiste de propios (os da profesión) e estraños,
entre os que debo citar á presidenta do consello de administración da empresa, que
tivo a amabilidade de enviarme unha carta de felicitación pola publicación do
libro, facendo notar emporiso que “après une lecture attentive du livre, je n'ai pas pu découvrir la relation
entre le facteur de puissance et la loi de Murphy”.
E non vos perdades no texto da imaxe a explicación da enerxía flutuante en
clave micro machista!
http://www.librosmaravillosos.com/fisicarecreativa1/index.html
http://www.librosmaravillosos.com/fisicarecreativa2/
No hay comentarios:
Publicar un comentario