Ignorancia ou manipulación? Algún creativo publicitario, ao que aprobaron ás matemáticas por compaixón, nos obsequia con esta perla publicitaria: “con esta alternativa reduces un 63% de emisións CO2”.
Estupendo! Gran
contribución persoal á loita contra do quecemento global!, pensamos decontado.
E unha parte importante dos receptores da mensaxe se quedan aí.
No todas, porque algúns se empezan a preguntar: 63% das emisións globais do planeta, das emisións anuais da empresa ou das emisións da furgoneta concreta que me vai traer o paquete?
E iso é moito ou pouco? Porque un 63% de 13 millóns
de quilotoneladas de equivalente CO2 das emisións anuais de China,
por poñer un exemplo, non son o mesmo que o 63% de 134 g de CO2/km
dunha furgoneta media!
E xa postos: como sabe o señor publicista que é PRECISAMENTE un 63% e non un 62,8% ou un 2%, por poñerse noutra hipótese igualmente indemostrada?
Claro que tamén, en beneficio das emisións propias poderían cambiar a súa flota de vehículos de combustión por vehículos eléctricos. Non en beneficio do planeta, non. En beneficio dos fabricantes de automóbiles empeñados en convencernos que o verdadeiramente ecolóxico é o automóbil eléctrico!
No hay comentarios:
Publicar un comentario